domingo, 12 de noviembre de 2017

HÁBITOS SAUDABLES: TOMAMOS FROITA!!!!

Estas dúas semanas estamos levando a cabo a campaña promovida pola Xunta de Galicia tomando froita nos recreos. Desde a biblioteca aproveitamos para recompilar fondos desta temática e animar ao alumnado a realizar variadas actividades relacionadas coa vida sa e coa importancia de tomar tres pezas de froita ao día.
 
 

 

CONTOS DO MAGOSTO

O venres, 10 de novembro celebramos o magosto. Antes de degustar as saborosas castañas o alumnado de 6ºB contou na biblioteca,  dous fermosos contos :"A castaña Catarina" e "A castañeira". Ademais recitaron poemas sobre a castaña e o outono.  PARABÉNS 6º B!!!

 

 

domingo, 5 de noviembre de 2017

O ALUMNADO VISITA A EXPOSICIÓN DE LIBROS DE MEDOOOOOOO!

Durante toda a semana o alumnado das distintas titorías achegáronse á entrada da biblioteca para manexar os libros relacionados co Samaín e á vez realizar unhas actividades propostas pola Equipo da biblioteca.
 


 

 

miércoles, 1 de noviembre de 2017

SAMAÍN, 2017: CABAZAS DE ANIMAIS

Andas na procura da túa cabaza do Samaín? Recorda que na páxina web do centro as poderás ver todas!! Aquí so deixamos un petisco da fermosa festa das cabazas. Aínda que a temática deste ano era libre,  moitas familias seguiron facendo un "guiño" ao tema do Proxecto da Biblioteca: "Os animais".
 


 

martes, 31 de octubre de 2017

QUEN DIXO MEDO?

Levamos a cabo una recompilación e exposición de fondos de libros de meigas, monstros, vampiros, cemiterios,...titulada QUEN DIXO MEDO? O alumnado visitou esta exposición para realizar unhas actividades moi moi terroríficas. Ata a nosa mascota Luíña  puxo o seu disfrace de pequena demoña!!!
 

viernes, 27 de octubre de 2017

MARCADORES NO DÍA DA BIBLIOTECA

Outra das actividades realizadas para conmemorar este gran día das bibliotecas foi a elaboración de marcadores con formas de animais (tema do Proxecto): peixes, xirafas, coellos,bufos...



 

24 de outubro: AS MOCHILAS VIAXEIRAS CAMIÑO DOS FOGARES

Como todos os anos, tomando como referncia o Día da Biblioteca, as mochilas viaxeiras parten do colexio  cargadas de soños, historias, información, poesía, música...para gozar con elas. DESEXAMOS QUE PASEDES MARAVILLOSOS MOMENTOS COMPARTINDO ESTES MATEIRIAIS EN FAMILIA!!!