Estas dúas últimas semanas tivemos no noso centro a exposición "AUGA ENFEITIZADA" realizada polo alumnado do C.E.I.P. Castelao de Rianxo.Grazas a Tere promotora da idea. O proxecto da Biblioteca do centro de Rianxo xirou en torno a auga, e esta clase realizou uns fermosísimos e orixinais carteis de seres mitolóxicos que viven nas augas. Pois como ben sabedes os que seguides este blog, o noso centro tivo como Proxecto Anual :"Tempo de Lendas. Lendas no tempo". Estivemos realizando diversos traballos sobre seres mitolóxicos, polo que esta exposición dos nosos veciños chegou no momento ideal: afianzar as informacións que xa coñeciamos dalgúns seres e coñecer outros novos. Recibimos tamén unha ficha de traballo. UNHA VEZ MÁIS PARABÉNS POLOS TRABALLOS. GRAZAS POR COMPARTIR! SAÚDOS DESDE CESPÓN!
domingo, 16 de junio de 2013
EXPOSICIÓN AUGA ENFEITIZADA
Publicado por
Biblioteca Cespón
0
comentarios
Etiquetas:
PROXECTO ANUAL: Tempo de Lendas. Lendas no Tempo.
NORABOA A LARA E FERNANDO
Alá polo mes de maio recibimos a grata noticia de que Lara e Fernando de 2º de primaria gañaran sendos premios no concurso Francisco Añón convocado polo Concello de A Serra de Outes. Tiveron agasallos e a semana pasada chegaron ao centro os títulos que os acreditan gañadores na modalidade de poesía. Observade tamén o colorido mural elaborado para a ocasión. UNS ARTISTAS! Aquí vos deixo o momento da entrega, nos que Lara e Fernando estiveron acompañados do alumnado do 1º ciclo e da súa mestra Mercedes! Parabéns!
miércoles, 12 de junio de 2013
REVISTA FALARES CURSO 2012/2013
Xa está aquí! A REVISTA FALARES acaba de ver a luz! En breve recibiredes un CD para poder levala as vosas casas. Para vela en grande abre a pantalla do lateral dereito arriba. Nas páxinas 81 e 82 aparecen unhas breves recomendacións para o verán de CDs con cancións, cómics, poesías e libros de información.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)