sábado, 21 de mayo de 2016

FEIRÓN SEMANA CULTURAL

E seguindo con actividades enmarcadas dentro da Semana Cultural para festexar as Nosa Letras, o venres 20 de maio celebramos no colexio una entretida, divertida e didáctica xornada. Leváronse a cabo obradoiros de chapas, marcadores, flores,  xogos colaborativos,.. con degustación de batidos de froitas, chocolate con churros, torta de San Ramón e un obradoiro máis aportado pola ANPA: elaboración de xoaniñas a partires de metades de mazás. Tamén contamos cun grupo de alumnas pandereiteiras que puxeron a nota musical a esta fermosa maná. Queremos agradecer a toda a comunidade educativa os esforzos levados a cabo para que todo saíse estupendamente, pero especialmente ao alumnado polas súas gañas, ilusión e colaboración. Foi o alumnado o que realmente logrou que esta festeira xornada resultase un éxito. PARABÉNS PARA VÓS, NENAS E NENOS DO CEIP CESPÓN.
 

 

No hay comentarios:

Publicar un comentario