miércoles, 22 de junio de 2016

RECOMENDACIÓNS VERÁN, 2016

A nosa mascota Luíña tamén se vai de vacacións, pero antes de irse e desde o castro de Neixón, pensando nos libros,  quere deixarnos algo de entretemento para o verán: música, poesía, contos, lecturas en inglés, libro e revistas de información...RECORDADE:
 "DESDE A NOITE DE SAN XOÁN, LECTURAS DE VERÁN! .
Grazas Luíña e bo verán!!!!


 

REVISTA FALARES 2016

E xa está aquí a Revista Falares 2016. Aínda que todas e todos a temos en formato dixital e con música de "O tempo dos xogos", deixámola no noso blog por se alguén ten problemas para poder abrila na súa casa. A GOZAR COS VOSOS TRABALLOS! PARABÉNS!!!!
 


jueves, 9 de junio de 2016

MURAL PRIMAVERA

A proposta do Equipo de Voz Natura, ao igual que no outono, realizamos agora un mural sobre a primavera a partires de material de refugo: fermosas bicicletas, flores empregando distintas técnicas e materiais, cadros, xoaniñas, abellas, árbores, ...Cada curso foi aportando as súas manualidades, cada cal máis orixinal. O resultado foi unha fermosísima paisaxe multicolor, na que tamén estivo presente Luíña, a mascota de biblioteca.

 

O BONITO DE BURELA

O alumnado de terceiro realizou a presentación doutro dos alimentos previstos dentro do Proxecto anual da biblioteca: O BONITO DE BURELA. As e os oíntes foron o alumnado de 1º, 2º e 4º. Resultou , sen dúbida, unha extraordinaria demostración dunha exquisita procura de información e dunha estupenda transmisión dos seus coñecementos. PARABÉNS CHICOS/AS!

 

 

lunes, 6 de junio de 2016

YEAR 5º SINGING "Don't Stop Me Now"

As mestras do departamento de inglés prepararon co alumnado de 5º esta fermosísima canción da gran banda de rock Queen. Coas súas vestimentas quixeron renderlle a súa homenaxe a este mosntruo da música: Freddie Mercury. PARABÉNS!