jueves, 29 de junio de 2017

AS HERBAS DO SAN XOÁN

O alumnado de 5ºB realizou una recompilación das típicas herbas da noite de San Xoán: fiúncho, chopo, herba luísa, codeso, fento macho, malva, romeu,...
Segundo a tradición e crenzas populares a auga destas  herbas deixadas ao orballo na noite de San Xoán posúe propiedades máxicas. Se xa as posúen en calquera momento do ano, nesta noite atribúeselles un poder especial polo vigor engadido que lles dá a forza do solsticio e do verán e mais pola forza do orballo desta noite.
O alumando de 3º aproveitou esta boa ocasión para coñecer estas plantas típicas da nosa contorna, observalas, tocalas, ver as follas, ulilas,... GRAZAS 5º! QUE BOA ACTIVIDADE!

 

 

PISAPAPEIS CARLOS CASARES

Unha actividade máis enmarcada no Mes das Letras foi a elaboración de pisapapeis na que destacaba a figura da Galiña Azul. Outras titorías,  decantáronse por decorar as pedras con animais seguindo o Proxecto da Biblioteca.

 

 

miércoles, 14 de junio de 2017

OBRA DE TEATRO

Estes días apareceron unhas invitacións colocadas en distintas zonas do colexio. Que vai acontecer? Lede, lede...o alumnado de 2º invítanos a ver a obra de teatro "A VODA DO GALO PINTO" Será o día 21 de xuño ás 13 horas na biblioteca. BRAVÍSIMO NENAS E NENOS E 2º!!!!


GRAZAS FAMILIAS

Desde o Equipo da Biblioteca queremos dar unha vez máis as grazas ás familias pola súa participación naquelas actividades nas que solicitmos a súa colaboración. Neste caso, moi especialmente ás familias de Ariadna, Martín, Mateo e Sabela de 2º de primaria. Ides ver agora os fermosísimos caramulos que as súas familias nos enviaron con motivo da visita de Anxo Moure á nosa biblioteca. MOITÍSIMAS GRAZAS!

 

 

jueves, 8 de junio de 2017

RECOMENDACIÓNS LECTORAS PARA O VERÁN

A piques está de rematar o curso e chegar o merecido descanso:  O VERÁN.  Desexamos que gocedes moito, pero nos esquezades de mantervos informados a tavés dos libros. Por iso vos deixamos estas recomendación lectoras: (cliquea no cadrado par ver ben os títulos)